Os Investigadores da Aldea (Rede ReVOLTA) presentan o libro colaborativo Revoltando á terra

O próximo mércores 27 de xuño ás 19:00 terá lugar a presentación do libro Revoltando á terra no salón de plenos do Concello de Allariz, unha obra coa que se pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O coordinador de Ecoagrasoc, Edelmiro López Iglesias, é un dos co-autores do volume. O obxectivo deste libro é tratar de elaborar un novo discurso sobre o mundo rural e/ou agrario galego, coherente e plural á vez, un novo relato para o agro que parte da experiencia común dos oito grupos de investigación participantes na rede REVOLTA de agroecoloxía, da que xorde este traballo. Read more

Participación dos investigadores de Ecoagrasoc no II Congreso Internacional ‘Transicións na Agricultura e na Sociedade Rural’

Mar Pérez Fra, Ana Isabel García Arias e Edelmiro López Iglesias participarán no II Congreso Internacional da SEHA e RuralReport, ‘Transicións na Agricultura e na Sociedade Rural. Os desafíos globais da historia rural’ (Santiago de Compostela, 20-23 de xuño). Mar Pérez Fra e Ana Isabel García Arias presentarán a ponencia ‘Do invisível ao visível: a transformação da área do Rio Liberdade em Unidade de Conservação de Uso Sustentável no Brasil’. Pola súa parte, o director de Ecoagrasoc, Edelmiro López Iglesias, coordinará a sesión ‘O sector leiteiro e a cadeia láctea desde meados do século XX: transições e diversidade de modelos produtivos e organizativos’. Read more

A contribución dos proxectos de recuperación de soutos de castiñeiro na conservación eficaz baseada na área: Dous casos en Asturias

IPSI / Díaz Varela durante a presentación na United Nations University de Tokyo

O investigador de ECOAGRASOC Emilio Díaz Varela ven de participar na reunión de traballo organizada por The International Partnership for the Sotayama Initiative (IPSI), na United Nations University de Tokyo, onde presentou o traballo ‘The contribution of chestnut orchard recovering projects for effective area-based conservation: Two cases in Asturias (NW Spain)’ (pdf), desenvolvido xunto aos investigadores Pedro Álvarez Álvarez, José V. Roces Díaz e Beatriz Rodríguez Morales. Read more

Novos elementos de planificación territorial ante os cambios en sistemas socio-ecolóxicos cada vez máis complexos

O Congreso RegioResources 21 – 2018 celebrouse no Congress Centre of the Slovak Academy of Sciences, no Castelo de Smolenice.

O investigador de Ecoagrasoc Emilio R. Díaz Varela vén de presentar a comunicación ‘New elements in territorial governance identified in social-ecological systems facing uncertainty: The need for integration in new planning instruments and policies’, no Congreso RegioResources 21 – 2018, celebrado entre o 17 e 19 de abril en Smolenice (Eslovaquia). Read more

Curso de Verán da USC: ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’

Os grupos de investigación ECOAGRASOC e LABORATE organizan dentro dos Cursos de Verán da USC 2016 as xornadas ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’. O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo durante os días 12, 13 e 14 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas.  Read more