A serie Cadernos, publicación do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, vén de lanzar o seu último número, un monográfico dedicado a analizar a situación actual do sector lácteo galego desde un enfoque multidisciplinar. A entrega inclúe as aportacións dos investigadores de ECOAGRASOC Edelmiro López Iglesias e Francisco Sineiro García. Read more
Author: Ecoagrasoc
Xornada ‘O leite en Galicia, e agora que?’
O grupo de investigación ECOAGRASOC colabora na organización da xornada ‘O leite en Galicia, e agora que?’ que decorrerá na mañá do próximo 26 de febreiro no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (USC) entre as 9:15 e as 14:00 horas. Read more
Luciano Concheiro Bórquez impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’
O profesor Luciano Concheiro Bórquez, do Departamento de Produción Económica da Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco (Mexico), impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’, organizado polo grupo de investigación ECOAGRASOC no marco do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. O evento terá lugar o próximo venres 5 de febreiro ás 12:00 horas, na aula 27 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Read more
Álvaro García Corral gaña o Premio Jesús García Calvo coa súa tese sobre as explotacións de bovino de carne en Galicia

Co título ‘Análisis y tipificación de explotaciones de bovino de carne en Galicia mediante un método de control basado en lógica difusa’, a tese de doutoramento de Álvaro García Corral ven de ser galardoada na segunda edición do Premio Jesús García Calvo de investigación en medio rural e cooperativismo, convocado conxuntamente polo IDEGA e Feiraco. Read more
A situación actual das finanzas municipais a debate en Lugo
Os investigadores de ECOAGRASOC Xoaquín Fernández Leiceaga e José Caamaño Alegre participan na xornada informativa A situación actual das finanzas municipais o próximo venres 22 de xaneiro en Lugo. Read more
Edelmiro López Iglesias modera a mesa dedicada ao sector primario na xornada ‘Evolución recente e perspectivas da Economía Galega’
O coordinador de ECOAGRASOC Edelmiro López Iglesias é o encargado de conducir a mesa de debate Sector primario: Agricultura, Pesca e Industria Agroalimentaria no marco da xornada Evolución recente e perspectivas da Economía Galega. O evento, organizado por Afundación (ABANCA) en colaboración co IDEGA (USC), decorrerá o próximo venres 22 de xaneiro en Santiago de Compostela. Read more
O futuro dos MVMC a debate na xornada ‘Montes Veciñais: a titularidade comunitaria no contexto europeo’

O pasado xoves día 12 celebrouse na Escola Politécnica Superior de Lugo a xornada ‘Montes Veciñais: a titularidade comunitaria no contexto europeo’, organizada polo grupo ECOAGRASOC e coordinada por Marco Rubinos, técnico colaborador da Universidade de Santiago de Compostela. O evento contou coa asistencia de máis de 60 persoas, maioritariamente comuneiros, aínda que tamén persoal técnico das administracións públicas e do ámbito académico. Read more
O documentario ‘En todas as mans’ abre as VIII Xornadas ‘O mundo rural galego a debate’
Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos. ‘En todas as mans’ é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte no que os territorios que están nas súas mans sexan creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. Read more
Seis propostas para o sector lácteo galego
O Foro Económico de Galicia realizou seis grandes propostas para mellorar o emprego e a aportación de riqueza do sector lácteo galego, no estudio O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado. Estratexias e políticas ante a desaparición do sistema de cotas na UE, asinado por Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da USC e coordinador de ECOAGRASOC. Read more
Lalín acolle o ‘Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir’ organizado pola rede ReVOLTA, da que forma parte ECOAGRASOC
Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer e pensar o medio rural é o obxectivo do encontro, que xurde como un espazo de discusión critica que nos permita pensar que alternativas estanse dando ou poden dar no medio rural, para que este siga sendo ese lugar cheo de vida. A cita terá lugar na Sala de prensa do Concello de Lalín o venres 13 de novembro a partir das 10:00 da mañá.
Read more