A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) acolle o próximo xoves día 12 de novembro a xornada ‘Montes veciñais, a titularidade comunitaria no contexto europeo’. O evento está organizado polo grupo de investigación ECOAGRASOC (Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social) coa colaboración da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (OGCMVMC). Read more
Maria do Mar Pérez Fra participa como relatora no 2º Congreso Territorial del Noroeste Ibérico
A investigadora de ECOAGRASOC Maria do Mar Pérez Fra presentará o relatorio ‘Presente y futuro de las áreas rurales gallegas. Una contribución desde la economía’ o próximo día 3 de novembro en Ponferrada, no marco do 2º Congreso Territorial del Noroeste Ibérico organizado pola UNED. Read more
Ana Isabel García Arias participa no 150th EAAE Seminar de Edimburgo

A investigadora de ECOAGRASOC defendeu a comunicación “Agri-environmental schemes and their territorial impact in the North of Spain”, asinada tamén por Diego Avendaño, Fracisco Ónega e Maria do Mar Pérez Fra. Fíxoo no 150th EAAE Seminar, celebrado en Edimburgo os días 22 e 23 de outubro baixo o título ‘The spatial dimension in analysing the linkages between agriculture, rural develpoment and the environment’. Read more
O Congresso Ibérico de Raças Autóctones, Economia Local e Paisagem Rural conta con tres membros de ECOAGRASOC no seu Comité Científico
María do Mar Pérez Fra, Edelmiro López Iglesias e Ana Isabel García Arias forman parte do Comité Científico do Congresso Ibérico de Raças Autóctones, Economia Local e Paisagem Rural, que decorrerá os próximos días 6 e 7 de novembro en Vila Real (Portugal). Read more
Aberta a participación para impulsar maquinaría agrícola en código aberto
O grupo de investigación ECOAGRASOC participante na Rede ReVOLTA (xunto a outros seis grupos de investigación das universidades galegas), o colectivo de creación contemporánea Montenoso, a ONG Enxeñería sen Fronteiras, o colectivo Makers de Lugo, a Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica , e o Colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco impulsan EU <3 FEDELLAR, unha comunidade de desenvolvedores/as de maquinaría agrícola en código aberto. Read more