Manuel Jordán Rodríguez

Departamento de Economía Aplicada
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Burgo das Nacións s/n, 15782, Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 563100 (ext. 11575)
e-mail: manuel.jordan@usc.es
Profesor Titular de Universidade. As súas principais liñas de investigación xiran arredor das Políticas agrarias, Economía agraria, Economía ambiental, Xestión das explotacións agrarias, Economía forestal, Desenvolvemento rural e Economía social.

CV (pdf)

Formación

Graduado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1979).

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1992).

Experiencia profesional

Alén da súa longa traxectoria como docente universitario, destaca no seu curriculum a súa participación en numerosos traballos científicos sobre cooperativismo en Galicia. O seu extenso coñecemento desta materia fica plasmado nos diferentes textos académicos que levan a súa sinatura. Destaca pola súa importancia o Libro Branco do Cooperativismo Galego, do que foi coordinador científico.

É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.