Mar Pérez Fra participa no Congreso de Ciencias Agronómicas en Chapingo (México)

A investigadora de Ecoagrasoc Mar Pérez Fra participa o próximo 7 de outubro no Congreso de Ciencias Agronómicas, na cidade mexicana de Chapingo, onde presentará a súa comunicación “La política de desarrollo rural en España“. A súa intervención terá lugar ás 17:45 (hora galega), concretamente no marco do simposio “Medio ambiente y desarrollo rural”.

A de 2021 é a XXIII edición de carácter nacional e a IX internacional do Congresso de Ciencias Agronómicas. Inicialmente creado como un foro para difundir os resultados científicos dos investigadores da Universidad Autónoma de Chapingo, ao longo da súa historia permitiu que investigadores de todo o mundo dedicados ao sector agropecuario, forestal e agroindustrial tiveran a oportunidade de compartir as súas experiencias e establecer lazos de comunicación.

Programa do congreso (pdf)