O Congresso Ibérico de Raças Autóctones, Economia Local e Paisagem Rural conta con tres membros de ECOAGRASOC no seu Comité Científico

cartaz-raças-autoctones

María do Mar Pérez Fra, Edelmiro López Iglesias e Ana Isabel García Arias forman parte do Comité Científico do Congresso Ibérico de Raças Autóctones, Economia Local e Paisagem Rural, que decorrerá os próximos días 6 e 7 de novembro en Vila Real (Portugal). 

Este Congreso pretende ser un lugar de encontro e reflexión arredor do presente e do futuro das razas autóctonas portuguesas. A pesar de que actualmente a case totalidade de estas especies se encontran en risco de extinción, os organizadores do evento acreditan que estas razas poden aínda desenpeñar un papel capital na economía nacional, rexional e local, sexa a través das industrias de carnes frescas ou embutidos, do leite e lacticinios, da relación á gastronomía e ao turismo agroambiental, sexa a través da súa integración en eventos tradicionais de cariz cultural que caracterizan as rexións onde as diferentes razas se encontran referenciadas. E é que, polas particularidades do seu sistema de produción, debidamente integrados en sistemas de agricultura multifuncionais, as razas autóctonas teñen unha grande potencialidade no relativo á preservación da biodiversidade e a definición da paisaxe típica dos espazos rurais.

Desde esta óptica, o congreso persegue cuatro obxectivos principais:

  • Abordar o interese histórico, actual e potencial das razas autóctonas portuguesas na perspectiva da sustentabilidade global dos territorios.
  • Contribuir para colocar as razas autóctonas no centro da axenda portuguesa no que respecta a políticas agrícolas agroambientais e de desenvolvemento dos territorios rurais.
  • Promover unha ampla discusión e cooperación no ámbito portugués e ibérico para aumentar a concienciación e entendemento dos desafíos que as razas autóctonas enfrentan.
  • Partillar e discutir estratexias de mercado para valorización dos produtos tradicionais e oriundos das razas autóctonas, a través da súa tipificación e diferenciación.

O Congreso está organizado polo Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvimento (CETRAD), o Centro de Ciência Animal e Veterinária (CECAV) da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e o Centro Tecnolóxico da Carne.