Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Xoan XXIII s/n Campus Norte 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
e-mail: santiago.lago.penas@usc.es
Ficha no Portal da Investigación da USC

Catedrático de Facenda Pública do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Economista senior de FUNCAS, codirector da rede de investigadores en financiamiento autonómico e descentralización financeira en España (RIFDE). Experto para o Banco Mundial, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, a Comisión Europea, a OCDE, o Forum of Federations e a Assembly of European Regions, entre outras institucións. Ten comparecido no Senado, no Congreso dos deputados e nos parlamentos autonómicos de Galicia, Cataluña, Madrid, Aragón, e Andalucía como experto en facenda pública. Director do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo (2011-2013) e fundador e responsable do grupo de investigación de referencia competitiva Governance and Economics research Networtk-GEN entre 2014 e 2023.
Membro da Comisión de expertos para a reforma da financiación autonómica (2017) e do Comité de expertos para a reforma do sistema tributario (2021-2022) , ambas as dúas creadas polo Goberno de España. Académico numerario da RACEF e Medalla de investigación da Real Academia Galega de Ciencias “Domingo García Sabell Rivas” no ámbito das ciencias sociais en 2024.
Director do EconLabGalicia e do Foro Económico de Galicia e coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos do COVID-19. Conselleiro de Recursos de Galicia. Foi vocal do Consello Económico e Social de Galicia (2003-2011) e presidente do Accessibility Working Group da Atlantic Transnational Network (2003-2005).
Columnista de El País/Cinco Días e dos diarios do grupo Prensa Ibérica en Galicia, e colaborador habitual de cadena SER.