Encontros de Lúa Chea: como o uso do galego pode axudar a consolidar a imaxe de marca

Encontros de Lúa Chea: como o uso do galego pode axudar a consolidar a imaxe de marca

Volven os Encontros de Lúa Chea á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, comezando este 2022 con dous debates que terán como eixo central o uso da lingua galega por parte de proxectos empresariais innovadores. Nos encontros participarán os responsables de 6 iniciativas asentadas no rural galego que consideran o galego un elemento central na construción da súa imaxe de marca, que compartirán as experiencias das súas propias empresas. Trátase ademais de iniciativas marcadas polo seu carácter innovador e por dinamizar economicamente a súa contorna.

Read more