
O grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC), xunto con Xestión Agrogandeira e Natureza, colabora na organización do curso ‘Como producir leite en base a pasto e leite ecolóxico?’, no marco da Universidade de Verán 2018 da USC.
A taxa da matrícula é de 70 euros para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC. A taxa xeral da matrícula é de 120 euros.
O curso conta con co-financiamento da Deputación Provincial de Lugo.
Datas: 25-28 de xuño
Lugar: Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo. Como chegar?
Cartel (pdf)
Contidos do curso:
-Retos do futuro: a xestión das granxas nun contexto de volatilidade
-Leite de calidade diferenciada e sistemas de alimentación
-Situación sanitaria do vacún de leite ecolóxico
-Razas para pastoreo
-Protección contra o lobo
-Parasitoloxía
-Unha terapia controvertida: a homeopatía veterinaria
-Alimentación complementaria do pasto
-Transición a pastoreo: deseño
-Pastoreo: como asegurar unha transición exitosa
-Terapias alternativas: que ferramentas temos á nosa disposición?
-O cambio climático está aquí
-Mesturas pratenses para produción de herba
-A produción gandeira no agroecosistema orgánico no século XX: intensificación e ciencia
-Comparando resultados económicos
-Terapias alternativas: a práctica
-Aromaterapia e fitoterapia: técnicas alternativas na práctica
-Debate sobre experiencias: producir menos e ganar máis? Funciona!
-Visita a unha granxa
Máis información: bernardo.valdes@usc.es