A USC convoca 27 bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra para alumnado de grao e mestrado
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 23 de febreiro na sede electrónica da USC. A nova convocatoria eleva a preto de 70 as axudas habilitadas para que alumnado do Campus Terra comece a súa carreira científica. O importe máximo das achegas é de 2.576 euros por un período de catro meses
Read moreHumanidades pon o foco na defensa dos dereitos humanos cunha mostra que salienta a pegada de 10 mulleres galegas
A exposición ‘PIONEIRAS. Os dereitos en Galicia: unha historia de mulleres’, elaborada por alumnado do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, permanece aberta ao público na entrada do centro universitario lugués
Read more“O novo paradigma social da cultura deparará múltiples oportunidades de emprego”
O coordinador da obra ‘A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura’, Alberto de Boiro, defende superar o “exclusivo enfoque da cultura como recurso” nun acto na Facultade de Humanidades no que participaron Gonzalo Fernández e Encarna Lago
Read moreHumanidades aborda nunha investigación a influencia da fotografía nalgúns pintores do século XIX
A tese de doutoramento desenvolvida pola ribadense Celia Castro Fernández baixo a dirección de Carmen Bermejo e Jesús Varela Zapata analiza a importancia da invención da fotografía e a súa repercusión na obra de Dionisio Fierros e Federico de Madrazo, entre outros autores da pintura moderna española
Read moreO profesor Gonzalo Fernández Suárez renova o seu mandato como decano da Facultade de Humanidades
Os docentes Miguel González Pereira e Miriam Elena Cortés López completan un equipo de dirección do centro universitario lugués que ten como prioridades o “asentamento” do grao en Xestión Cultural no mapa de titulacións universitarias e a súa progresiva internacionalización
Read moreUn congreso advirte das "desigualdades de xénero, clase social e raza” que rexen as culturas dos coidados
A profesora da Universidade de Granada Carmen Gregorio critica a “ollada económica e androcéntrica” que aínda persiste no concepto e no labor de coidar, na apertura dun congreso promovido polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feminisas e de Xénero (CIFEX) da USC e que cita ata a este venres 17 relatores e máis de 100 participantes en Humanidades
Read moreO CIFEX promove un congreso internacional sobre os feminismos e as culturas dos coidados
A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acollerá do 28 ao 29 de setembro este encontro cuxo prazo de inscrición permanece aberto
Read morePublicada a listaxe de prazas vacantes en mestrados da USC para o curso 2023-2024
O prazo de matrícula esténdese do 18 de agosto ao 15 de setembro e as prazas iranse ocupando pola orde cronolóxica de formalización da matrícula na Secretaría Virtual
Read moreO talento investigador mozo agroma no Campus Terra da man de XuvenCiencia
O divulgador científico Manuel Vicente salienta a “capacidade hipnótica da ciencia” na apertura do XI Campus de Verán XuvenCiencia, un programa de convivencia e experimentación científica que ofrece a 95 estudantes de ensino secundario, Bacharelato e Formación Profesional a posibilidade de achegarse durante unha semana de xeito divertido á I+D a través de 16 obradoiros e múltiples actividades de lecer
Read moreClaudio Rodríguez Fer recibe a Medalla Miahai Eminescu “polos méritos da súa actividade cultural nacional e mundial”
A Academia Internacional Mihai Eminescu de Romanía distingue tamén ao escritor e profesor na Facultade de Humanidades da USC co Premio de Historia e Crítica Literarias polas “consideracións estéticas e a participación creativa sobre a poesía mundial”
Read moreInvestigadoras da Universidade de Le Mans achéganse a Lugo para estudar o Arde Lucus da man do Campus Terra
As profesoras francesas Elodie Salin e Estelle Bertrand lideran o proxecto europeo MURUS, no que tamén participan investigadores da universidade italiana de La Sapienza e da área de Antropoloxía Social da USC na sede universitaria luguesa
Read moreAs culturas arredor do viño no contexto da Ribeira Sacra centran un curso promovido pola USC xunto coa UNED
Un relatorio do profesor da USC Manuel Gago sobre o patrimonio cultural que representa o viño abre esta tarde en Monforte de Lemos un programa coordinado por Julián López e Elena Freire que reunirá medio centenar de participantes durante tres días na cidade do Cabe, Chantada e Sober
Read moreInvestigadores europeos constatan na Domus do Mitreo o impulso das cidades a prol da romanización e dos cambios sociais
A fundación, a formación de Lucus Augusti e os comezos da súa evolución urbanística centrou un dos debates abordados no coloquio científico ‘Specula Populi Romani’, que citou en Humanidades 20 docente e investigadores de España, Francia, Portugal e Italia
Read moreUn foro sobre a importancia da cidade no mundo romano cita en Humanidades 20 investigadores europeos
O coloquio científico promovido polo Grupo de Estudos para a Prehistoria no Noroeste Ibérico da USC baixo a coordinación a profesora María Dolores Dopico Caínzos mantén aberta a inscrición de balde nos enderezos electrónicos mdolores.dopico@usc.es e francisco.folgueira.rios@usc.es
Read more