Coñecementos previos requeridos: Manexo básico de Sistemas de Información Xeográfica (p.e. QGIS, ArcGIS) Este curso está orientado ao emprego de imaxes obtidas dende sensores remotos (satélites). As actividades céntranse na aplicación de técnicas de combinación de bandas co fin de realzar diversos elementos territoriais susceptibles de xestión, así como o manexo dun elevado volume de datos satelitais a través de diversas plataformas.
Location
ONLINE
Modality
Telemática
Duration
Face-to-face hours: 20
Total: 20
Matrícula en la actividad
14/03/2022 - 21/03/2022
Desarrollo de la actividad
28/03/2022 - 01/04/2022
Profesor/a
Jesus Horacio Garcia Garcia
Profesor/a
Dominic Roye
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Introdución ao manexo de imaxes espaciais e a súa aplicabilidade ambiental | Actividade ONLINE | do 28 de marzo ao 1 de abril de 2022 | de 15:00 a 18:00 |
- O alumno aprenderá a:
- Diversas técnicas sobre a engrenaxe técnica que rexe a xestión das bandas multiespectrais para obter imaxes analíticas
- Aplicar e analizar diversos indicadores ambientais
- Analizar datos multidimensionais de alta resolución
- Analizar imaxes e datos de satélite a través de secuencias temporais.
- Tema 1. Introdución á teledetección (2 h)
- A detección a partir de sensores remotos. Principios físicos básicos da teledetección. As misións Sentinel e Landsat. Exercicio 1. Manexo de plataformas de descarga en liña. Exercicio 2. Manexo da ferramenta SNAP da Axencia Espacial Europea
- Tema 2. Características, procesado e edición de imaxes satélite (2 h)
- Composición de cores (filtros RGB). Composicións multibanda. Tipos de clasificación (supervisada e non supervisada)
- Tema 3. Análise de casos aplicados (5 h)
- Temperatura. Vexetación e usos do solo. Áreas incendiadas. Riscos naturais. Medio urbano. Práctica. Tarefa final de aplicación das imaxes de satélite na xestión dalgún problema territorial
- Tema 4. Google Earth Engine (6 h)
- Introdución á plataforma. Primeiros pasos co editor de código. Temperatura da superficie terrestre. Gridded Population of World. Contaminación NO2 . Series temporais de NDVI. Práctica. Tarefa final de aplicación do aprendido a un novo caso de estudo.
Jesús Horacio García García
Dominic Royé