Co presente curso preténdese que o interesado/a adquira un coñecemento comprensivo dos modelos básicos de análise de datos facendo uso do programa SPSS, un recurso informático actualmente dispoñible para todos/as os/as usuarios/as da USC. Os coñecementos adquiridos poden ter importantes aplicacións na metodoloxía da investigación científica dos/das asistentes ao curso, tanto no que atinxe á aplicación da estatística como á comprensión do funcionamento do programa SPSS.
-
DISTRIBUCIÓNS DE FRECUENCIAS.
-
REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS.
-
TENDENCIA CENTRAL, VARIABILIDADE, ASIMETRÍA E CURTOSE.
-
PERCENTÍS E PUNTUACIÓNS TÍPICAS.
-
CORRELACIÓN E REGRESIÓN LINEAL.
-
COMPARACIÓNS ENTRE MEDIAS (PROBA T, ANOVA).
-
PROBAS NON PARAMÉTRICAS PARA MOSTRAS INDEPENDENTES E RELACIONADAS.
-
TÁBOAS DE CONTINXENCIA.
Constantino Arce Fernández. Dpto. Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Facultade de Psicoloxía. USC.