Skip to main content

O reitor participa en Minho nun encontro de traballo entre as conferencias de reitores de universidades españolas e portuguesas

O reitor Juan Casares participa estes días nun encontro internacional de traballo que reunirá na Universidade do Minho a representantes da Conferencia de Reitores de Unidades Españolas (CRUE) e do Consello de Reitores das Universidades Portuguesas (CRUP). A xuntanza comeza este luns 7 cunha mesa de debate sobre o actual marco de cooperación entre as universidades españolas e portuguesas, así como sobre os principais ránkings que miden a actividade universitaria dende diferentes perspectivas e a oferta de cursos en liñas masivos e abertos (MOOC). As restricións financeiras e as relacións bilaterais entre as institucións universitarias de ambos os dous países son outros dos temas que se abordan nesta sesión. Para completar esta primeira xornada dedicarase unha sesións á cooperación no marco da Unión Europea, con especial atención aos programa Horizonte 2020 e Estratexia RIS3, así como a Erasmus +. Na xornada do martes 8, os reitores portugueses e españois continuarán avaliando diferentes propostas de colaboración no marco da Unión Europea, con especial atención á participación na European University Association (EUA), no Grupo ELU (Europe Latine Universitaire), en Universia, así como no Grupo Tordesillas. Para completar o programa debaterase sobre as posibilidades de cooperación no espazo latinoamericano, e concretamente no Consello Universitario Iberoamericano (CUIB).

The contents of this page were updated on 04.07.2014.