Skip to main content

Presentado na USC o primeiro barómetro de xestión municipal da provincia da Coruña

O reitor presidiu o acto no que se presentou o barómetro de xestión municipal (foto: Servimav-USC)
O reitor presidiu o acto no que se presentou o barómetro de xestión municipal (foto: Servimav-USC)

A USC presentou na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o primeiro barómetro de xestión municipal da provincia da Coruña nun acto presidido polo reitor Juan Casares e ao que asistiu o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso. A ferramenta foi elaborada polo Equipo de Investigacións Políticas, dirixido pola profesora Nieves Lagares, que tamén participou na presentación xunto ao director do Departamento de Ciencia Política e da Administración, José M. Rivera Otero. O reitor agradeceu no nome da USC a aposta polo grupo de investigación para a realización deste traballo e agradeceu a todos os profesores da Facultade e particularmente ao grupo de investigación o esforzo realizado no seu ámbito. Lagares Diez destacou que o Barómetro está pensado para ser unha ferramenta útil para as administracións locais, xa que permite mellorar a planificación das inversións e os servizos que reciben os cidadáns. Pola súa banda, o director do departamento agradeceu á Deputación da Coruña “a confianza depositada no noso traballo centrado en medir de forma obxectiva o acontecer de Galicia”. O Barómetro de Xestión Municipal da provincia da Coruña elaborouse durante o pasado ano 2013, e segundo a profesora Lagares Díez está concebido como “un instrumento de medición anual da calidade dos servizos públicos municipais” o que deberá permitir coñecer ano a ano a evolución no grao de satisfacción dos cidadáns con respecto aos servizos que reciben. Trátase do primeiro estudo sobre a calidade dos servizos municipais que combina datos estatísticos e o grao de satisfacción dos cidadáns. Durante este ano 2014, o Equipo de Investigacións Políticas da USC elaborará o segundo Barómetro de Xestión Municipal da provincia da Coruña, que conta coa colaboración económica da Deputación Provincial. A Construcción do Barómetro O Barómetro é un indicador complexo construído polo Equipo de Investigacións Políticas da USC para medir a cobertura dos servizos públicos e a satisfacción que esta cobertura produce nos cidadáns. Por unha banda analiza a dimensión obxectiva do servizo e pola outra as percepcións e opinións que teñen os cidadáns sobre os servizos analizados. A través dun método matemática intégranse os dous compoñentes para dar lugar ao Indice de Cobertura de Servizos, que na súa expresión final valora entre 0 e 1 tódolos servizos analizados en cada tramo de poboación. O modelo permite ademais xerar un umbral inferior e un umbral superior do Índice, en cada tramo de poboación, que sirve para indicar que dentro deses umbrais, o comportamento do Indice é correcto. Ou dito doutro xeito, si o Indice fluctúa entre estes umbrais os servizos que se prestan aos cidadáns no son nin deficientes nin excedentes. A aplicación do Índice aos concellos da provincia da Coruña formulouse nun conxunto de dezaoito servizos ou áreas de interese municipal, seleccionadas despois de realizar entrevistas e grupos de discusión con funcionarios dos servizos locais. O total de concellos da provincia da Coruña clasifícanse en función do seu tamaño poboacional, en cinco grupos. Asumindo o principio de que niveis de poboación diferentes requiren niveis de servizo diferentes e que non se pode comparar un concello de 2.000 habitantes cun de 200.000.

The contents of this page were updated on 05.27.2014.