Skip to main content

Comezaron as actividades de Verán CampUSC

Comezaron as actividades de Verán CampUSC
Comezaron as actividades de Verán CampUSC

Verán CampUSC, o programa lúdico de verán para nenos e nenas entre 3 e 13 anos, acaba de iniciar a súas actividades para os preto de setenta primeiros participantes. Esta iniciativa ofrece un total de 350 prazas, setenta para cada quenda de quince días, cun abano de actividades de entretemento saudable organizadas atendendo ás idades dos participantes e seguindo criterios psicopedagóxicos. Entre outras, haberá propostas de exercicios na piscina, deportes de raqueta, colectivos, exercicios de psicomotricidade, orientación e xogos populares, entre outros. Tamén se inclúen diferentes obradoiros como modelaxe, pintura, recortable, papiroflexia, cancións, xogos cooperativos e visitas culturais. Tanto ao aire libre como en instalacións deportivas, a programación desenvolvese en horario de 8.45 a 14.30 de luns a venres, organizadas en quendas de 15 días durante a ultima semana de xuño, o mes de xullo a e primeira semana de setembro, coincidindo coas vacacións escolares dos cativos e cativas e contribuíndo a conciliar vida laboral e familiar. Actualmente quedan prazas vacantes para as quendas de xullo e setembro. As persoas interesadas en inscribirse poden realizar os trámites a través de internet e consultar máis información sobre a iniciativa en www.fundacionuscdeportiva.com. Verán CampUSC é unha iniciativa organizada pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e coa que colabora o Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco.

The contents of this page were updated on 06.25.2014.