Skip to main content

A Escola Politécnica Superior inaugura este mércores a mostra ‘Cambio climático: o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acolle este mércores, día 7 de maio, a inauguración da mostra ‘Cambio climático: o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’, unha exposición organizada no marco dos actos conmemorativos do Día da Terra.

A apertura da mostra, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior, inclúe a proxección do audiovisual ‘O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’, trala que o profesor Agustín Merino ofrecerá un relatorio sobre o cambio climático baixo o título ‘Cultivando carbono no contexto do cambio climático’.

The contents of this page were updated on 05.07.2014.