Skip to main content

O reitor recibe ao alumnado maior de 25 anos que superou as probas de aceso á Universidade

O reitor Juan Casares recibe este martes 6 de maio aos alumnos maiores de 25 e 45 anos que superaron as probas de acceso á Universidade en Galicia na súa última convocatoria. O acto de recoñecemento e benvida terá lugar ás 18.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome e ademais do reitor, asistirán o representante da USC na CiUG, Jaime Romero López Grado, e o presidente do Tribunal Único, Ramón Bravo. No acto, o coordinador do programa ‘A Ponte ente o Ensino Medio e a USC’, Luis Hervella, explicaralles aos asistentes a oferta de estudos, bolsas, residencias e ofertas culturais e lúdicas que a USC lles ofrece. Durante o transcurso do acto, os asistentes terán a oportunidade de escoitar ao estudante no grao de Odontoloxía, Daniel Ruíz Casalderrey, que contará a súa experiencia tras acceder á universidade a través das probas de acceso e recibirán os seus correspondentes diplomas que acreditan que eles tamén superaron as probas.

The contents of this page were updated on 05.05.2014.