Skip to main content

A promoción 1959-1964 de Químicas celebra as súas vodas de ouro

A Promoción 1959-1964 de Químicas celebra este sábado 7 as súas vodas de ouro cun acto que comezará a partir das 11.30 horas no ‘Recanto da Saudade’ do Campus Vida coa colocación dunha placa conmemorativa. A continuación haberá un acto académico que contará coa presenza da actual decana, Pilar Bermejo Barrera, e no que intervirán en representación dos alumnos da promoción Miguel A. Ríos, en representación do profesorado Eugenio García-Rodeja e en representación da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Alberto Arce.

The contents of this page were updated on 06.06.2014.