Skip to main content

Anuncio do gañador do XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

O reitor Juan Viaño, o presidente do Grupo Compostela, Maurits van Rooijen, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentarán en rolda de prensa a persoa galardoada co Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia na súa décimo oitava edición, quen tamén estará presente neste acto. O encontro cos medios de comunicación comezará ás 12.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. O Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia recoñece a persoas ou institucións destacadas polo seu traballo na promoción do ideal común europeo, da educación internacional e/ou da preservación do patrimonio cultural.

The contents of this page were updated on 06.20.2014.