Skip to main content

O reitor recibiu aos titulados e tituladas da USC que superaron os exames das convocatorias de Biólogo, Farmacéutico, Psicólogo, Radiofísico e Médico Interno Residente

A recepción celebrouse no Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite
A recepción celebrouse no Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite

O reitor recibiu este mércores 19 aos titulados e tituladas da USC que superaron os exames das convocatorias de Biólogo/a, Farmacéutico/a, Psicólogo, Radiofísico e Médico/a Interno Residente. Entre eles atópanse os números 1 dos exames das especialidades de Bioloxía e de Farmacia. A recepción celebrouse no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, acto no que o reitor felicitou aos ex alumnos/as da USC por un resultados que evidencia a capacidade da institución académica para formar profesionais competentes. En opinión de Casares, o conxunto de titulados e tituladas hoxe presentes en Compostela simbolizan a capacidade da Universidade para “cumprir coa nosa función institución institucional de xeito eficaz”. Na recepción tamén interviñeron as decanas de Psicoloxía, Bioloxía e Farmacia e os decanos de Medicina e Odontoloxía e de Física, Carolina Tinajero Vacas, Luz González Caamaño, Isabel Sández Macho, Juan Gestal Otero e Lius Miguel Varela Cabo, respectivamente.

Ademais dos números 1 das convocatorias de biólogo, que logrou Pedro Manuel Ponce Alonso, e farmacéutico Interno Residente, posto acadado por Sara Blanco Dorado, outros trece titulados/as en Farmacia situáronse entre os 90 primeiros postos da súa especialidade, o que converte á de Santiago na segunda universidade española con mellores resultados neste exame.

Farmacia Na convocatoria FIR, o resto dos titulados pola USC que se atopan entre os mellores resultados foron Cristina Mondelo García (posto 5), Hadriana Fernández Vega (20), Luis Otero Millán (22), María Perfecta Fernández González (31), Marta Español Rego (37), María Anido García (43), Lucía Rodríguez Cajaraville (67), María Castro Manzanares (79), Rubén Pampín Sánchez (81), Alejandro López Carrasco (82), Eva Lázaro López (86), Cristina Otero Villalustre (88) e Marcos Díaz González (90). Medicina En Medicina, seis titulados/as da Facultade compostelá atópanse entre os cen mellores exames do MIR. Juan Espinosa acadou o número 14, seguido de Brais Díaz Fernández (27), Sandra Rey Fariña (40), Paula Suances Díez (64), Marta Prieto Barrios (90) e Marilina Puente Hernández (97). Psicoloxía En Psicoloxía, dos cen primeiros, un total de vinte son ex alumnos da institución académica santiaguesa, catro deles entre os dez mellores exames cos postos 3, 4, 6 e 8. Trátase de Noemí Adán Zúñiga (3), Andrea Irimia Nores (4), Luis Eduardo Estévez Cachefeiro (6), María Villarino González (8), Inmaculada Sangiao Novio (11), Mª Dolores Méndez Méndez (17), Belén Alejandra Pillado Pérez (24), Marina Piñeiro Ríos (28), Mª Elena Pérez Fernández (35), Eduardo Martínez Lamosa (37), Patricia Vázquez Batán (50), Edgar García Spínola (51), Verónica Lamela Chouciño (57), Marina Lagarón Criado (63), Mª Isabel Pereira Lestayo (73), Rosalía Díaz Bóveda (80), Alejandra Boullón Gómez (81), Carolina García Chaves (89), Alba Castro Montenegro (90) e Alejandro Quintela Grobas (97). Física Finalmente, na convocatoria de Radiofísico Interno Residente, das 27 prazas ofertados, graduados/a da USC alcanzaron os postos 6, 7 e 11, concretamente Jacobo Guiu Souto, Nerea Gallardo Rodríguez e Manuel Fernández Montes, ordenados pola súa posición respectiva. Sara Blanco e Pedro Manuel Ponce, acabaron as mellores notas da convocatoria de Farmacia e Bioloxía, respectivamente. Foto: Santi Alvite Recibiron como recordatorio do acto exemplares da colección Clásicos do Pensamento Universal. Foto: Santi Alvite

The contents of this page were updated on 03.19.2014.