Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas á elección de reitor ou reitora e de representantes no Claustro Universitario

Logo da publicación do censo electoral definitivo, este mércores 19 comeza o período de presentación de candidaturas que se estenderá ata o 27 de marzo, tanto para a elección de reitor/a como de representantes no Claustro Universitario. A proclamación definitiva de candidatos e candidatas está prevista que se desenvolve entre os días 2 e 4 de abril. A campaña electoral, para os dous procesos electorais, estenderase do 5 ao 23 de abril, mentres que a xornada de votación realizarase o 25 de abril, de 10.30 a 18.30 horas. No caso das eleccións de claustrais a proclamación definitiva de candidatos/as terá lugar do 7 ao 12 de maio. No caso das eleccións a reitor/a, a proclamación definitiva producirase entre o 6 e 8 de maio. O voto anticipado poderá exercerse do 21 ao 23 de abril Segunda volta
De ser precisa a celebración da segunda volta na elección de reitor/a, está previsto que a prolongación da campaña electoral se estenda aos días 9 e 10 de maio. A segunda votación tería lugar o 12 de maio e a proclamación definitiva de reitor/a o 23 de maio. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar á paxina das Eleccións 2014.