A Asociacións de Amigos do Colexio Maior Fonseca organiza a conmemoración do 50 aniversario deste centro
A Asociación de Amigos do Colexio Maior organiza este mércores 4 a partir das 20.30 horas o acto conmemorativo do 50 aniversario deste Colexio nunha xornada prevista no arboredo anexo (ou na Sala de Usos Múltiples do centro, en funcións das condicións climatolóxicas). O acto inclúe a presentación dunha exposición fotográfica realizada con documentación do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago así como de El Correo Gallego e a entrega ao actual director do Colexio dunha placa conmemorativa desta efeméride.