Skip to main content

Uns 80 estudantes do grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural na EPS participan este venres nunha plantación en Cervo

Uns 80 estudantes e profesores do grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo participarán este venres, día 14 de marzo, nunha xornada plantación forestal que se desenvolverá no concello lugués de Cervo.

Esta xornada, organizada en colaboración e co patrocinio da Fundación Ardilla, Alcoa e o Concello de Cervo, permitirá a estudantes e docentes da Escola Politécnica Superior de Lugo presenciar e plantar plantas con terrón das especies Betula pubescens, Quercus robur, Castanea sativa, Pinus pinaster, Arbutus unedo, Ilex aquifolium, Corylus avellana, Crataegus monogyna, Fraxinus excelsior. A expedición universitaria que participará nesta plantación forestal programada no municipio de Cervo partirá este venres desde o campus de Lugo nun autobús, que sairá ás 8.00 horas en dirección a Cervo. A viaxe de regreso está prevista para as 18.00 horas. Esta actividade está incluída no programa de actos organizados polo equipo de dirección da Escola Politécnica Superior co gallo da celebración da Semana Forestal Mundial, unha conmemoración que terá o seu día álxido o próximo 21 de marzo.

The contents of this page were updated on 03.13.2014.