Skip to main content

Fondo pesar na Universidade compostelá polo falecemento do compañeiro Enrique Hortas Rodríguez

A Universidade de Santiago de Compostela quere manifestar o seu pesar e unirse á profunda dor da familia e amizades de Enrique Hortas Rodríguez, integrante do cadro de Persoal de Administración e Servizos, falecido este mércores. Enrique Hortas desenvolveu ao longo dos últimos 40 anos diversas responsabilidades na institución académica compostelá, entre as que destacan a dirección dos servizos informáticos e máis recentemente a coordinación da rede de Aulas Informáticas da USC.

The contents of this page were updated on 03.13.2014.