Skip to main content

Presentación da oferta de másteres da USC para o curso 2014-2015

A Universidade de Santiago ofertará o vindeiro curso un total de 59 másteres, entre os que se inclúen seis novos títulos. O reitor Juan Casares e o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Jesús López Romalde, presentarán publicamente a oferta de posgrao da USC para 2014-2015 nun encontro o luns 17 cos medios de comunicación que comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. O reitor dará conta desta oferta académica que contempla 48 másteres en Santiago e outros 11 en Lugo e que no presente curso captou o interese de máis de 2.000 estudantes. Ademais, nas dúas vindeiras semanas, a USC desenvolverá unha serie de xornadas informativas en Santiago e Lugo orientadas a difusión pública desta oferta de másteres.

The contents of this page were updated on 03.14.2014.