Skip to main content

Quince tituladas e titulados da USC sitúanse entre os 90 mellores resultados do exame da convocatoria de Farmacéutico/a Interno Residente

Quince tituladas e titulados da USC sitúanse entre os 90 mellores resultados do exame da convocatoria de Farmacéutico/a Interno Residente
Quince tituladas e titulados da USC sitúanse entre os 90 mellores resultados do exame da convocatoria de Farmacéutico/a Interno Residente
A número 1 da convocatoria foi a galega Sara Blanco Dorado, titulada pola USC

Quince titulados/as da Facultade de Farmacia da USC sitúanse entre os 100 primeiros postos do exame de Farmacéutico/a Interno Residente (FIR) deste ano, convocatoria na que ademais a ex alumna da Universidade compostelá Sara Blanco Dorado obtivo o número 1 deste exame. Á convocatoria concorreron arredor de 1.500 profesionais de toda España. O resto dos titulados pola USC que se atopan entre os mellores resultados foron Cristina Mondelo García (posto 5), Alberto Pérez Morales (14), Hadriana Fernández Vega (20), Luis Otero Millán (22), María Perfecta Fernández González (31), Marta Español Rego (37), María Anido García (43), Lucía Rodríguez Cajaraville (67), María Castro Manzanares (79), Rubén Pampín Sánchez (81), Alejandro López Carrasco (82), Eva Lázaro López (86), Cristina Otero Villalustre (88) e Marcos Díaz González (90). A de Santiago é a segunda universidade española con máis titulados entre os 90 mellores na convocatoria FIR deste ano, só superada pola Complutense de Madrid con 22. Por detrás destas dúas, sitúanse as universidades de Sevilla (13), Granada (10), Barcelona (9) e Salamanca e País Vasco, con oito cada unha.

A decana da Facultade de Farmacia da USC, a profesora Isabel Sández manifestou a súa satisfacción polos resultados obtidos polas ex alumnas e ex alumnos do centro compostelán. Na súa opinión, representa unha evidencia de que o proceso formativo desenvolvido nesta Facultade permite ofrecer respostas axeitadas ás esixencias do mercado laboral e do conxunto da sociedade.

The contents of this page were updated on 03.06.2014.