Skip to main content

O grupo Gis-T organiza un curso sobre a aplicación das TIC á definición da imaxe de marca en espazos xeográficos concretos

O grupo de investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) organiza un curso en liña de ‘Marketing territorial e telecomunicacións’ que capacitará ao alumnado na análise e discusión de casos de planificación estratéxica e mercadotecnia a nivel internacional. As habilidades adquiridas facilitarán tamén a aplicación das metodoloxías deste tipo de mercadotecnica en municipios concretos á vez que permitirán o estudo do impacto das telecomunicacións no desenvolvemento económico rexional. Como explica o director desta acción formativa, o profesor Carlos Ferrás, o marketing territorial é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe de marca de lugares, cidades, municipios ou rexións en función do seu modelo de desenvolvemento e das súas necesidades vitais. Ademais, permite planear a oferta daqueles produtos considerados estratéxicos que poden ser básicos para as economías locais e ofertalos no mercado de xeito competitivo e potenciando o seu atractivo. Esta ferramenta utiliza as novas tecnoloxías da informacións e das comunicacións, a telemática e as metodoloxías das ciencias xeográficas, económicas e da administración e dirección de empresas para construíra proxectos de desenvolvemento en beneficio da sociedade. O curso está inicialmente dirixido a alumnado de grao ou de último curso, especialmente xeógrafos ou calquera titulado en ciencias sociais, económicas ou humanidades. Tamén está aberto para os profesionais autónomos, desempregados, profesionais e técnicos da administración pública, con ou sen titulación universitaria. A inscrición pode formalizarse ata o 15 de marzo e o curso comezará o 20 deste mesmo mes ata o seu remate o 20 de xullo. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á web do grupo gis-t.

The contents of this page were updated on 03.04.2014.