Presentación do libro Ciencia política con perspectiva de xénero
O libro Ciencia política con perspectiva de xénero presentarase este mércores 12 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas nun acto que presidirá a partir das 12.30 horas a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e xunto á que tamén asistirá a decana da Facultade, María Antonias Arias Fernández e o catedrático e director da colección Akal-Ciencia Política, Ramón Máiz. Intervirán ademais, a coordinadora da obra, a profesora Marta Lois, a profesora da Universidade de Oviedo Amparo Novo Vázquez e a catedrática de Filosofía da USC María Xosé Agra. Esta presentación inclúese no abano de actividades organizadas na institución docente compostelá dentro dos actos conmemorativos do Día das Mulleres.