Skip to main content

O programa ‘A Ponte’ inicia o luns un novo curso de titores para estudantes da USC

As sesións formativas programadas desenvolveranse de xeito simultáneo nos campus de Lugo e de Compostela

O programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ comezará o luns, día 17 de marzo, unha nova edición do curso de titores para estudantes da USC, unha actividade que se desenvolverá de xeito simultáneo nos campus de Lugo e de Compostela e para o que nesta nova edición foron admitidas un total de 70 solicitudes.

Este curso está estruturado en dúas partes. A primeira é de carácter teórico e nela daráselle aos estudantes participantes información completa sobre a USC ao tempo que se formará ao alumnado universitario nas técnicas precisas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso. Na segunda, os/as participantes neste curso de titores da USC desenvolverán labores de acollida aos novos estudantes universitarios, exercendo de titores durante todo o ano académico. Outros dos cometidos dos futuros titores da USC serán colaborar nas tarefas de difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, así como nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza ás instalacións da USC o en calquera outra actividade relacionada co ensino medio.

The contents of this page were updated on 03.09.2023.