Skip to main content

ACUL analiza este mércores na Casa do Saber a protección dos consumidores fronte á comercialización dos produtos bancarios

Os avogados Jacobo Vázquez e Vanesa Arbesú intervirán, a partir das 20.00 horas, na sesión divulgativa organizada pola Asociación IV Ciclo do campus de Lugo

O presidente da Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL), Jacobo Vázquez, e a directora da citada asociación, Vanesa Arbesú, ofrecerán este mércores, día 3 de decembro, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un relatorio baixo o título ‘A protección do consumidor fronte á comercialización dos produtos bancarios’.

Os dous avogados convidados a participar como relatores nesta sesión informativa e de divulgación organizada pola Asociación IV Ciclo do campus de Lugo, analizarán no seu relatorio algúns dos riscos que deben ter en conta os consumidores/as de produtos bancarios, así como os seus dereitos e mesmo os distintos graos de responsabilidade e o nivel de protección das persoas que interveñen neste tipo de operacións. O relatorio desenvolverase a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

The contents of this page were updated on 12.02.2014.