Skip to main content

Os seminarios de Histagra reflexionan sobre o uso do fútbol na produción de identidades nacionais en España

Alejandro Quiroga é autor do libro
Alejandro Quiroga é autor do libro

‘De Franco a Naranjito. Fútbol e identidades nacionais durante a transición’ é o título do Seminario que reflexionará sobre o uso do fútbol para producir, moldear e promover identidades nacionais en España durante a transición dos anos setenta, explica o grupo Histagra que organiza este encontro. Da man do investigador da Universidade de Newcastle Alejandro Quiroga, no seminario estudarase como se teñen fomentado distintos relatos e estereotipos nacionais españois, cataláns e vascos a través do fútbol. A xornada celebrarase a partir das 12.30 horas na Aula 14 da Facultade de Historia. Alejandro Quiroga é profesor de Historia de España na Universidade de Newcastle de Reino Unido e investigador Ramón y Cajal na Universidade de Alcalá de Henares. O seu traballo céntrase no estudo dos nacionalismo e as identidades nacionais na España do século XX e XXI. Forma parte de varios equipos de investigación onde a temática é o estudo do nacionalismo. A súa publicación máis recente é Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España.

The contents of this page were updated on 12.04.2014.