Skip to main content

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC recibiu o Premio Medio Ambiente APROEMA na categoría Centros Académicos

De pé, cuarto pola esquerda, o director da Estación Fernando Cobo recolleu o galardón en nome da USC
De pé, cuarto pola esquerda, o director da Estación Fernando Cobo recolleu o galardón en nome da USC

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC recibiu o premio Medio Ambiente APROEMA na categoría Centros Académico-Universidades en recoñecemento á acción ‘Fomento de actividades científicas e de divulgación para a conservación das especies de peixes migradores do suroeste europeo’. Esta iniciativa desenvolveuna a Estación como entidade promotora e líder do proxecto Migranet (Interreg-SUDOE 2010-2012) para a posta en marcha dun Observatorio para as poboacións de peixes migradores do Suroeste europeo’.

Os premios da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) destacan aquelas accións, individuais ou colectivas, tanto públicas como privadas, que destacan pola súa achega á protección e mellora do medio ambiente, intentando así impulsar a conciencia ambiental e fomentar estas actividades mediante o recoñecemento público a un labor realizado na comunidade autónoma de Galicia. Ademais da Estación de Hidrobioloxía da USC, nesta segunda edicións dos premios tamén resultaron galardoados o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), o Concello da Coruña, Confemadera Galicia, Revertia Reusing and Recycling, o Colexio Rural Infantil Monterrei e o Centro de Produción de PSA Peugeot Citröen en Vigo.

The contents of this page were updated on 12.02.2014.