Skip to main content

Un equipo de Estalmat-Galicia gaña unha ‘carreira matemática’ no que participaban grupos de adolescentes de todo o Estado

Un equipo de Estalmat-Galicia gaña unha ‘carreira matemática’ no que participaban grupos de adolescentes de todo o Estado
Un equipo de Estalmat-Galicia gaña unha ‘carreira matemática’ no que participaban grupos de adolescentes de todo o Estado

Antón Mazaira (Burela), Adrián Núñez (Vilanova de Arousa), María Ramallo (Boiro), Hugo Silvanes (Pontevedra) e Pablo Stutt (Ordes) foron este sábado pasado os máis rápidos de toda España resolvendo problemas matemáticos no certame ‘Matemáticas ao esprint’ que organiza o Programa de Estimulo do Talento Matemático (ESTALMAT). Dos 53 equipos que participaron no certame, o composto aleatoriamente por eses cinco estudantes galegos de 12 e 13 anos –o grupo dos máis novos que empezaron hai poucos meses neste programa de estímulo do talento matemático que preside en Galicia o reitor Juan Viaño– resolveu todos os problemas encadeados no menor tempo. Na actividade, que se desenvolveu en paralelo en toda España, o equipo gañador competiu con outros grupos de primeiro ano de ESTALMAT de Andalucía, Madrid, Cantabria, Comunidade Valenciana, Cataluña, Castela A Mancha e Canarias. Do segundo curso de ESTALMAT interviron 45 equipos en total e tamén a actuación galega foi notable, quedando os grupos na metade superior da táboa.

Os profesores responsables de ‘Matemáticas ao Esprint’ en ESTALMAT-Galicia son Jesús Calvo, do IES Xoán Montes de Lugo; Victor Pollán, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz); Enrique de la Torre, da Universidade da Coruña; e Elena Vázquez Cendón, da USC e coordinadora xeral de ESTALMAT-Galicia.

The contents of this page were updated on 12.15.2014.