A USC condena as coaccións ao profesor Roberto Blanco Valdés
A Universidade de Santiago de Compostela mostra a súa condena máis absoluta fronte ás accións violentas producidas este martes no despacho do catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés. A liberdade de expresión é un dereito fundamental que debe ser respectado sempre, especialmente no ámbito universitario como espazo de debate e confrontación de ideas que é. Pero non debe confundirse liberdade de expresión con accións coactivas como as de onte, que en ningún caso serán toleradas na USC.