Skip to main content

Presentación da oferta académica da USC no campus de Lugo para o curso 2014-15 e do calendario de matrícula que abre hoxe

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a a deputada de Economía, Recadación e Facenda da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto, presentarán este mércores, día 16 de xullo, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a oferta de titulacións da USC no campus de Lugo para o curso 2014-2015. Este acto de presentación da oferta académica da USC servirá asemade para informar do calendario de matrícula en calquera das titulacións da USC, un proceso que abre hoxe o primeiro prazo de inscrición, que remata o venres 18 de xullo.

The contents of this page were updated on 07.15.2014.