Skip to main content

Os docentes Juan J. Nieto e Rosana Rodríguez, entre os investigadores internacionais máis citados en matemáticas

Os docentes Juan J. Nieto e Rosana Rodríguez, entre os investigadores internacionais máis citados en matemáticas
Os docentes Juan J. Nieto e Rosana Rodríguez, entre os investigadores internacionais máis citados en matemáticas

O profesor Juan J. Nieto e a profesora Rosana Rodríguez López, do Departamento de Análise Matemática, figuran entre os Investigadores Altamente Citados de 2014 (Highly Cited Researchers), unha relación relativa ao ámbito das ciencias e as ciencias sociais que actualiza e complementa unha lista publicada anteriormente por Thomson Reuters. Os docentes da USC figuran destacados no ámbito das Matemáticas. Os datos usados na análise e selección da nova relación de investigadores máis citados proceden do Essential Science Indicator (2002-2012), que inclúe 113.092 artigos en revistas de prestixio que tiveron unha influencia destacada na comunidade científica. Na listaxe figuran algo máis de 3.000 científicos de todas as áreas de coñecemento e entre os que atopan premios Nobel e investigadores españois como o director do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares, Valentín Fuster, ou o premio Príncipe de Asturias Avelino Corma, entre outros. Tanto Juan J. Nieto como Rosana Rodríguez forman parte do mesmo grupo de investigación sobe ecuacións diferenciais e a denominada análise lineal. O seu ámbito de traballo investigador aínda que de carácter básico potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da física, a bioloxía, a epidemioloxía, a medicina ou na bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas. Ademais, a profesora Rodríguez publicou en 2010, xunto a Juan J. Nieto e M. Belmekki, un dos traballos máis innovadores e con maior repercusión no ámbito das matemáticas tal e como quedou reflectido nunha entrevista de Thomson Reuters aparecida en Science Watch en febreiro de 2011.

The contents of this page were updated on 07.02.2014.