Skip to main content

A Real Sociedade Matemática Española presenta o seu congreso bienal de Santiago, que marcará as pautas científicas para unha nova etapa

O acontecemento matemático máis relevante organizado en España desenvolverase entre os días 21 e 25 de xaneiro na USC

A Real Sociedade Matemática Española (RSME) desenvolve a vindeira semana en Santiago o seu Congreso Bienal, o acontecemento matemático máis relevante que se organiza en España e que supón o recoñecemento da comunidade matemática española ao excelente nivel desta ciencia en Galicia e en concreto na Facultade da USC, que leva ocupando o primeiro lugar dos ránkings académicos nos últimos anos. O encontro presentarase este luns 21 ás 12.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que participarán o presidente da RSME, Antonio Campillo; o presidente do comité organizador e ex vicepresidente da RSME, o profesor da USC Enrique Macías; e a decana da Facultade de Matemáticas, Victoria Otero. O congreso inaugúrase este luns 21 ás 19.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca nun acto presidido polo reitor Juan Casares.

The contents of this page were updated on 01.18.2013.