Skip to main content

Convocada a segunda edición do concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Convocada a segunda edición do concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocada a segunda edición do concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais mantén aberto ata o 1 de marzo o prazo para presentarse ao certame de pintura CreArte, convocado por segundo ano consecutivo coa intención de potenciar e difundir a creación artística dos membros da comunidade universitaria. O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística do noso contorno. Das imaxes das obras presentadas antes do 1 de marzo deberán facer unha selección, que no mes de abril conformarán unha exposición temporal na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Neste concurso haberá un único premio, de 600 euros. Ademais, esa obra pasará a formar parte do patrimonio da Facultade, sendo exposta durante un ano no seu ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin. A entrega do premio farase coincidir coa celebración do Patrón da facultade e inauguración da exposición, o 10 de abril de 2013. No concurso poderán participar todos os membros da comunidade universitaria, que deberán presentar unha única obra inédita creada en 2012 de temática e técnica libres e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

The contents of this page were updated on 02.08.2013.