Skip to main content

Entrega de premios aos gañadores do XVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos en Veterinaria

O vicerreitor do campus de Lugo, Pedro García Herradón, entrega o trofeo a un dos gañadores
O vicerreitor do campus de Lugo, Pedro García Herradón, entrega o trofeo a un dos gañadores
Os equipos da USC gañaron as dúas competicións de baloncesto e tamén se proclamaron camións do torneo masculino de voleibol

As seleccións deportivas da Universidade de Santiago de Compostela competiron desde o pasado martes no XVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos completaron unha meritoria actuación neste torneo, que congregou na capital luguesa máis de 350 estudantes das universidades de A Coruña, Vigo e de Santiago de Compostela, e impuxéronse nas disciplinas de baloncesto, tanto na modalidade feminina como masculina, e nas competición masculina de voleibol, nos tres casos por diante dos combinados universitarios de A Coruña.

O equipo da Universidade da Coruña fíxose coa vitoria na competición feminina de balonmán, na que la USC quedou segunda. No torneo masculino gañou a Universidade de Vigo, seguida dos equipos da UDC e da USC, segundo e terceiro, respectivamente. As seleccións da Universidade da Coruña gañaron as competicións masculina e feminina de fútbol 7, nas que os combinados da Universidade de Santiago acabaron en segunda posición. Os equipos masculino e feminino da Universidade de Vigo proclamáronse campións en fútbol sala e clasificáronse segundos en voleibol feminino, por detrás da UDC. Os equipos da universidade coruñesa gañou as competicións de rugbi 7 por diante das seleccións da USC. As distintas competicións programadas no marco deste campionato galego universitario desenvolvéronse os dous días en quenda de mañá nas distintas instalacións deportivas existentes na capital luguesa e ao remate de cada xornada, todos os participantes asistiron á cerimonia de entrega de premios aos gañadores na entrada do auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo. O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, participou na entrega de premios aos equipos gañadores, un acto no que tamén estiveron presentes un representante da Universidade da Coruña, ademais do delegado de Coca Cola en Lugo, Raúl Centelles, e do responsable da Área de Deportes da USC no campus de Lugo, Jesús Castro.

Este torneo interuniversitario de deportes colectivos desenvolveuse sen ningún tipo de incidente, segundo subliñou Jesús Castro, que logo de recordar que Lugo volveu acubillar este campionato autonómico nove anos despois, agradeceu a colaboración recibida de todas as administracións, así como das empresas privadas que fixeron posible a organización deste evento deportivo.

The contents of this page were updated on 03.20.2013.