Skip to main content

María Antonia Arias toma posesión este xoves como decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

A profesora do Departamento de Socioloxía María Antonia Arias Fernández tomará posesión este xoves 21 como decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago. Presidido polo reitor Juan Casares Long, o acto protocolario terá lugar ás 13.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Ademais do equipo de goberno universitario acompañarán á profesora Arias os demais membros do decanal, o vicedecano Ramón Bouzas e a secretaria da Facultade Irene Rodríguez. María Antonia Arias Fernández, que releva no cargo a Nieves Lagares, é profesora titular da área de Socioloxía. A carreira docente e investigadora comezouna no Departamento de Socioloxía IV da Complutense de Madrid, obtendo no curso 1991-1992 a súa praza na Universidade de Santiago. As súas liñas de investigación articúlanse en torno á práctica sociolóxica cualitativa e metodoloxía da investigación social.

The contents of this page were updated on 03.20.2013.