Skip to main content

Graduouse a segunda promoción do mestrado en xuventude e sociedade

Graduouse a segunda promoción do mestrado en xuventude e sociedade
Graduouse a segunda promoción do mestrado en xuventude e sociedade

O departamento de Socioloxía da Facultade de Ciencias políticas e Sociais organiza o Mestrado en Xuventude e sociedade, título único en España que congrega a estudantes de diversas comunidades e estranxeiros. A segunda promoción deste posgrao celebrou o venres o seu acto de graduación, no que participaron o vicerreitor de Titulacións e persoal docente e investigador, Jesús López Romalde, a decana da Facultade, María Antonia Arias, e o coordinador, o profesor Antonio Vara, que actuou ademais como padriño. No seu discurso Vara falou das difíciles perspectivas laborais que se lles presentan aos estudantes universitarios. “Os tempos que corren demostraron que non é certa a correlación mecánica entre nivel de estudos e progreso social. Da consideración meritocrática pasamos á sociedade de mercado, con todo o que conleva de mercadeo”, dixo, para logo animar ao auditorio á “loita para reconquistar un sistema social máis xusto para todo o entramado do que formamos parte”. Criticou tamén na súa intervención o modelo neoliberal “que nos di que o éxito só depende do esforzo, é dicir, que igualdade de oportunidades é de chegada e non de saída”. Fronte a isto, “que hai que superar”, reivindica unha “reconquista da sociedade na que aspiremos a traballar con dignidade naquilo para o que nos formamos e no que a sociedade investiu”.

The contents of this page were updated on 05.06.2013.