Skip to main content

O corpo técnico do Deportivo da Coruña participa este venres no Máster en Psicoloxía do Deporte da USC

O Máster en Psicoloxía do Deporte da USC organiza este venres unha sesión na que participará o adestrador do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, xunto con dous dos membros do seu corpo técnico, o preparador físico Manuel Pombo e o psicólogo do club, Macario Bravo. O acto comezará ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía cun relatorio de Manuel Pombo sobre o adestramento deportivo de alto rendemento, para logo abrirse un coloquio no que participarán Fernando Vázquez e Macario Bravo.

O máster en Psicoloxía do Deporte da USC é unha oferta formativa de máxima cualificación pioneira en Galicia que trata de poñer en comunicación o estudantado coa realidade do deporte de alto rendemento. O máster contempla numerosas sesións teóricas impartidas por catedráticos, profesores e profesionais de recoñecido prestixio, e a posibilidade de prácticas en clubs deportivos de alto nivel en toda Galicia.

The contents of this page were updated on 11.28.2013.