Skip to main content

O Club de Debate de Compostela inaugura este sábado a súa IV liga interna

Instante dunha sesión de debate de exhibición o pasado ano na USC
Instante dunha sesión de debate de exhibición o pasado ano na USC
Na Facultade de Matemáticas cuestionarán e defenderán a legalización da eutanasia

Vinte e catro equipos participarán este ano na liga interna que organiza o Club de Debate de Compostela (CDC) que comeza este sábado 9 e que, na súa cuarta edición consecutiva, é a cita máis multitudinaria de todas as celebradas. O torneo, no que participan un total de 98 universitarios, comeza este sábado ás 10.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, centro onde se desenvolverán todas as sesións da competición. Logo dunha breve presentación comezarán os primeiros debates sobre a legalización da eutanasia. O equipo gañador desta liga universitaria participará cos gastos pagos nun prestixioso torneo nacional de debate en representación da USC. Os universitarios pertencentes á asociación poderán con este torneo desenvolver as habilidades adquiridas ns xornadas de formación que o club impartiu durante todo o pasado mes de outubro. Ademais, cada un dos 24 equipos conta cun ou varios veteranos desa asociación que exercen de guías, titores e capitáns. O xurado da competición, que conta ademais co apoio de ESTALMAT-Galicia, está formado por docentes universitarios e persoas alleas a este colectivo especializadas nos ámbitos do debate de competición e nas técnicas da oratoria.

The contents of this page were updated on 11.08.2013.