Skip to main content

Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química conmemoran a festividade do seu patrón San Alberte Magno

No acto, o reitor Juan Casares imporalle a Insignia de Ouro ao catedrático Juan José Nieto

As facultades de Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química celebran este venres 15 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nunha sesión protocolaria na Facultade de Matemáticas a partir das 11.30 horas. A sesión presidiraa o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Jesús López Romalde, e participarán ademais as decanas de Matemáticas e Bioloxía, Victoria Otero Espinar e Luz González Caamaño, respectivamente, e os decanos de Ciencias, Química e Física, José M. Martínez Ageitos, Ramón Estévez Cabanas e Luis M. Varela Cabo. Deseguido, ás 11.40 horas comezará a conferencia ‘As matemáticas: da abstracción á ferramenta multiusos’ que impartirán José C. Díaz Ramos, Julio González Díaz e Jerónimo Rodríguez García. A partir das 12.45 horas, incorporarase á mesa presidencial o reitor Juan Casares que imporá a Insignia de Ouro da USC ao catedrático do Departamento de Análise Matemática Juan José Nieto Roig. A Insignia de Ouro é un recoñecemento que concede o reitor a aquelas persoas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución universitaria, ben por razón da duración ou continuidade destes ou pola súa especial relevancia ou significación.

The contents of this page were updated on 11.14.2013.