Skip to main content

Un grupo da USC organiza coa Universidade de Cantabria un curso europeo en estatística avanzada

É a segunda vez que este curso, que vai pola décimo cuarta edición, se desenvolve en España

Persoal investigador das universidades de Santiago e Cantabria colaboran na décimo cuarta edición do Curso Europeo en Estatística Avanzada, que por segunda vez nas súas catorce edicións ten lugar en España e que do 17 ao 21 deste mes reúne en Cantabria corenta expertos internacionais. A organización corre da man dos docentes María José Ginzo, Wenceslao González e Manuel Oviedo, da USC, e Juan Antonio Cuesta e Alicia Nieto da UC, coa colaboración do Centro Internacional de Encontros Matemáticos (CIEM). Nel exporanse avances recentes para o tratamento de datos funcionais ou con estrutura complexa. No curso, no que intervén directamente o grupo de investigación da USC ‘Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións’, participa o catedrático de Estatística e Investigación Operativa Manuel Febrero Bande, experto internacional en Análise de Datos Funcionais, obxecto do curso. Febrero, xunto co tamén investigador da USC Manuel Oviedo, creou un paquete en Functional data analysis in R, onde se desenvolveron estas técnicas estatísticas para a análise de datos.

The contents of this page were updated on 09.16.2013.