Skip to main content

Estudan a viabilidade do Suplemento Europeo ao Título en formato electrónico

O reitor Juan Casares deulle a benvida aos asistentes a esta xornada de traballo entre o Ministerio e a USC. Foto: Santi Alvite
O reitor Juan Casares deulle a benvida aos asistentes a esta xornada de traballo entre o Ministerio e a USC. Foto: Santi Alvite

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a USC reflexionan este luns sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título (SET) en España, concretamente sobre a súa viabilidade en formato electrónico. A de Santiago foi a primeira universidade estatal en disposición de expedir e entregar o SET, documento informativo e complementario do título universitario que pode obter o alumnado ao remate da carreira e que describe a natureza dos estudios cursados e detalla as capacidades e coñecementos adquiridos así como o expediente académico. A xornada, que inaugurou o reitor Juan Casares, comezou no Centro de Estudios Avanzados (Finca Vista Alegre, Santiago) cunha primeira sesión dedicada á análise de propostas para a modificación do anexo XII do Real Decreto 1002/2010 referido ao modelo de Suplemento Europeo ao Título para graos, másteres, doutoramento, títulos dobres, conxuntos e Erasmus Mundus. O resto da mañá e a tarde dedícanse ao estudo da viabilidade da expedición electrónica do título.

The contents of this page were updated on 09.16.2013.