Skip to main content

Coaching e capital humano, conferencia este martes no CEA

O coaching e as súas diferentes especialidades centrarán a conferencia que este martes 17 terá lugar ás 19.30 horas no Centro de Estudos Avanzados impartida pola profesora da USC Isabel Neira e por Mariela Villar, de Ccamina. Na charla, de entrada libre, falarase sobre a importancia do capital humano e as súas conexións co coaching e as súas distintas especialidades e conceptos: principios do rendemento óptimo, o proceso de coaching, correntes teóricas e ferramentas e modalidades profesionais.

The contents of this page were updated on 09.16.2013.