Skip to main content

Un doutorando da USC gaña o premio anual da Sociedade Internacional para Ecuacións Diferenciais

Adrián (dereita) recibindo o Premio de mans do Presidente
Adrián (dereita) recibindo o Premio de mans do Presidente

O investigador da USC Fernando Adrián Fernández Tojo acaba de ser recoñecido co Premio Bernd Aulbach para estudantes que concede a ISDE (International Society for Difference Equations). O premio entregoullo o presidente da asociación internacional, Martin Bohner, durante a celebración do Symposium on Differential Equations and Difference Equations 2013 celebrado recentemente en Alemaña. Fernández Tojo, que na actualidade realiza a súa tese de doutoramento no Departamento de Análise Matemática co profesor Alberto Cabada, acadara xa en novembro de 2012 o primeiro Premio Máster na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais do XI Certame Universitario Arquímedes de Introdución á Investigación Científica. O traballo, titulado ‘Ecuacións diferenciais con involucións’, obtivo por primeira vez na literatura matemática novas funcións matemáticas dando paso así a novas liñas de investigación.

The contents of this page were updated on 09.17.2013.