Skip to main content

O Espazo de Cámara da USC busca novos e novas integrantes

O Espazo de Cámara da USC busca novos e novas integrantes
O Espazo de Cámara da USC busca novos e novas integrantes
As probas de selección serán o martes 24 ás 20.00 horas na Igrexa universitaria

O Espazo de Cámara da USC leva tres anos traballando por recuperar a paixón pola música clásica entre a súa comunidade universitaria. Neste caso, co estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos que ten formación instrumental e que quere seguir desenvolvendo esa práctica facendo musica en grupo. Para a convocatoria deste ano búscanse novos e novas instrumentistas, que deberán presentarse a unha proba de selección o vindeiro 24 de setembro ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade. Aínda que a formación se dirixe principalmente á comunidade universitaria, nela ten cabida persoal alleo á USC que supere esa proba, que consistirá na execución de dúas pezas ou movementos a libre elección e un fragmento para ler a primeira vista achegado polo tribunal seleccionador alí mesmo, con 2 minutos para estudalo e sen puider tocala. Coa fin de animar á máxima participación neste interesante proxecto musical que dirixe Mario Diz o Espazo de Cámara da USC elaborou unha peza audiovisual titulada ‘Pasa a bola’. Concertos públicos O Espazo organízase en dous grupos, o residente no que se integran só membros da Comunidade Universitaria da USC (a quen se lles concederá 4 créditos anuais) que participarán nos ensaios semanais dos martes ademais de nos concertos públicos e encontros programados, e o interino para o estudantado de música de centros oficiais e escolas que superen unha proba específica previa.

As persoas interesadas poden solicitar máis información na Área de Cultura de San Xerome, nos teléfonos 881811018 e 881811103, en area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es) e orquestrausc [at] gmail.com (orquestrausc[at]gmail[dot]com) ou en Facebook: https://www.facebook.com/orquestausc.

The contents of this page were updated on 09.05.2013.