Skip to main content

A USC convoca unha nova edición das bolsas de USC en transición

A USC convoca unha nova edición das bolsas de USC en transición
A USC convoca unha nova edición das bolsas de USC en transición
Contempla nove bolsas para colaboración en diversas actividades

Cunha oferta de seis bolsas para o Campus de Santiago e tres para o de Lugo, o estudantado da USC pode inscribirse ata o día 27 de setembro na terceira edición das axudas de USC en Transición que organiza a Oficina de Desenvolvemento Sostible. Con estas bolsas perséguese dinamizar a USC para promover modelos de vida máis sustentables que contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade, reforzando á súa vez o sentimento de comunidade. O estudantado que desexe solicitar estas bolsas deberá presentar as instancias e a documentación necesaria nalgún dos rexistros xerais da USC, dentro dos prazos sinalados na convocatoria. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a paxina web do Plan de Desenvolvemento Sostible.

The contents of this page were updated on 09.09.2013.